O Máster Oficial en Xestión e Dirección Laboral é un máster impartido nas tres Universidades do Sistema Universitario Galego (USC, UDC e UVigo), no que se desenvolve un programa interuniversitario no que as tres están implicadas ao mesmo nivel, xerando, mediante a mobilidade de profesorado e estudantado, unha docencia de calidade.

O que se persegue é mellorar a profesionalidade e incrementar a bagaxe académica dos graduados nas titulacións do ámbito de relacións laborais e recursos humanos e así dar resposta a ampla demanda social existente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Páxina web do título

 

Información de interese

  • Prazas: 30
  • Tipo de ensino: presencial
  • Periodicidade da oferta: anual
  • Duración: 60 créditos ECTS

 

Coordinación

Alexandre Pazos Pérez
+34 986 818 794
alexpazos@uvigo.es

Máis información

Área de estudos de máster e doutoramento (Ubicación: Secretaría de alumnado da FFT)
+34 986 130 220
posgraoxsh1@uvigo.es