A Universidade de Vigo, atendendo á seguridade sanitaria da Comunidade Universitaria e seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidade, Ministerio de Universidades, Consellería de Sanidade e Secretaria Xeral de Universidades, establece un plan de prevención e control sanitario fronte á COVID-19 para o curso 2020/2021 na Universidade de Vigo que ten por obxecto dar a coñecer a información técnica e operativa sobre as medidas de prevención e hixiene fronte ao SARS-Cov-2, durante a actividade do vindeiro curso 2020/2021, na Universidade de Vigo.
Deste xeito é preciso establecer uns requisitos mínimos que garantan a calidade da docencia e da investigación na Universidade de Vigo así como definir unha serie de medidas de prevención e control que permitan garantir a seguridade tanto do persoal traballador da Universidade como do alumnado.
As medidas do plan xeral da Universidade, intégranse no plan de prevención e control sanitario fronte á COVID-19 para o curso 2020/2021 da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
Será de aplicación a todo o persoal traballador así como ao alumnado da da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
Este documento actualizarase en función da información emitida polos organismos competentes.