A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, a través da Coordinación de normalización e política lingüística convoca o I Premio de Investigación Xurídica en Lingua Galega “Xosé Luís Franco”.

Dentro do marco normativo institucional que protexe a lingua galega través da Constitución do Estado, do Estatuto de Autonomía de Galicia, así como da Lei de Normalización lingüística e dos propios Estatutos da Universidade de Vigo que sinalan que esta é a lingua propia da Universidade, establécese esta acción e este premio co gallo da promoción da lingua galega.

Así, este premio pretende fornecer o proceso de dinamización lingüística da Universidade e fomentar o emprego da nosa lingua nos traballos de investigación xurídica.

Bases do Premio Investigación Xurídica en Lingua Galega “Xosé Luís Franco”


En memoria de Xosé Luís Franco, amigo sempre