De acordo co Regulamento do centro convócase o proceso de adxudicación de do permiso de utilización do mobiliario da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo destinado a almacenamento de materiais de docencia.
Entrega de solicitudes: Do 16 ao 30 de setembro
Lista de admitidos: 7 de outubro
Prazo de reclamacións: Do 8 ao 12 de outubro
Adxudicación definitiva: 18 de outubro
Documentación a entregar:
- Formulario de asignación de taquillas
- Fotocopia do DNI
- Certificación académica na que conste a nota media do expediente
O estudantado con necesidades específicas de apoio, debe aportar documentación acreditativa das mencionadas necesidades.
Podense consultar na páxina web da Facultade os criterios de adxudicación no Regulamento de utilización e adxudicación do material destinado ao almacenamento de material de docencia.
O formulario de solicitude pode obterse no apartado Normativa e Formularios.