Votación para a escolla do nome do Premio de investigación xurídica en lingua galega

Dende hoxe 2 de febreiro e ata o 2 de marzo ábrese un prazo para votar e elixir á persoa que dará nome a un premio de investigación xurídica en lingua galega.

Os candidatos* son:
-Roberto González Pastoriza
-Xosé Lois Franco Grande
-Fermín Bouza Brey

*Por razóns da histórica discriminación da muller na sociedade non se conta nesta terna con xuristas recoñecidas, agardando que no futuro esta eiva poida ser superada.

A urna para depositar os votos está situada na Conserxaría da nosa Facultade e poderá participar calquera persoa.

Máis información sobre os candidatos

Máis información sobre o premio