Como medios materiais e servizos dispoñibles inclúense todas as infraestruturas e equipamentos do centro e que resultan indispensables e adecuados para o desenvolvemento dos ensinos impartidos na facultade.

Para ese efecto, priorizáronse os mecanismos tendentes a conseguir a plena eliminación de barreiras arquitectónicas en toda a Facultade. Neste sentido, a Facultade conta con instalacións que cumpren plenamente as esixencias de accesibilidade establecidas na normativa de aplicación. En concreto, existen zonas de aparcadoiro para discapacitados, rampas para facilitar o acceso ao edificio dende o exterior e rampas interiores que facilitan a mobilidade entre as distintas dependencias do centro. As distintas plantas de devandito edificio tamén están dotadas cos ascensores necesarios. Para rematar, existen servizos convenientemente preparados para o seu uso polas persoas que se atopan en situación de discapacidade.

O Decanato é o órgano responsable da revisión periódica dos medios materiais e servizos adscritos ao centro asegurando, na medida da dispoñibilidade orzamentaria, a súa adecuación ás actividades formativas dos títulos que se imparten.

A detección de necesidades materiais de docentes, do persoal de administración e servizo e estudantado realízase mediante a atención das demandas transmitidas ben directamente aos equipos decanais, aos mentores e mentoras do Plan de Acción Tutorial (PAT), ou ben a través das correspondentes caixas de correos de queixas e suxestións polos citados colectivos.

Os servizos de carácter complementario, tales como o servizo de reprografía ou o servizo de cafetaría ou comedor, atendidos por empresas privadas, réxense pola normativa de contratación do sector público.

Tipoloxía de espazos e dotación de infraestruturas de docencia-aprendizaxe

Espazo Ordenador e Proxector Capacidade (Postos/50% NO AFORO COVID)
Aulas: A1, A2, A3, A4, B1, B2, B3, B4, B5, C1, C2, C3, C4, D1, A101, A102 Si 93, 90, 72, 50, 72, 50, 110, 90, 122, 72, 50, 110, 90, 82, 51, 38
Seminarios: A201, A301, B301, C201, C301, D201, D301 Si 24
Salas de Xuntas: A302, B202, B302, C202, C302, D202, D302 Si 14

Outros espazos

  • SALÓN DE GRAOS: 154 postos, cañón de video, ordenador
    equipo de videoconferencia multipunto
  • AULA DE VIDEOCONFERENCIA: 20 postos, loza dixital
  • SALA DE XUNTAS A209 (DECANATO): 16 postos co sistema de videoconferencia e loza dixital.
  • DELEGACIÓN DO ESTUDANTES D101: 20 postos, cañón de video, ordenador
  • ZONA DE LIBRE ACCESO A EQUIPOS INFORMÁTICOS: 90 postos, cañón de video, ordenador
  • DESPACHOS Profesorado: 67
  • DESPACHOS Persoal de Administración e Servizos: 8
  • DESPACHO para Delegación de Estudantes: 1

Outras instalacións e servizos

  • Biblioteca situada no edificio da facultade
  • Servizo de reprografía en reximen de autoservizo: servizo situado na planta baixa da facultade
  • Postos do traballo ao longo do pasillo central do centro
  • Servizo de cafetaría e comedor: servizo situado no edificio
  • Servizo de aparcamento con prazas reservadas a minusválidos

Outros recursos para a docencia e a aprendizaxe

  • Conexión sen fíos: todas as aulas da facultade foron convenientemente cableadas, para facilitar a utilización dos equipos informáticos propios por parte do estudantado, contando ademais con conexión sen fíos a Internet. Todos os membros da comunidade universitaria teñen acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal proporcionada pola Universidade
  • Conexión a sistema de audio e videoconferencia: todas as aulas e seminarios da facultade teñen sistema de audio e videoconferencia propio para facilitar a emisión de contenidos a través do Campus remoto ou cualquier plataforma de teledocencia.
  • Páxina web da facultade: ferramenta de traballo indispensable para poder manter informado ao estudantado, nela facilitase toda a información relativa aos estudos impartidos no centro
  • Recursos docentes en rede: como apoio á docencia, a Universidade de Vigo puxo a disposición do profesorado e estudantado as plataforma FaiTIC e Moovi con recursos en liña destinados á teleformación. Ademais, desde a páxina da biblioteca pódese acceder a diversas bases de datos que o estudantado pode consultar. Todos os recursos docentes en rede, son accesibles desde os seus domicilios, ben directamente por ser públicos, ben a través das súas chaves de identificación e acceso remoto