A adquisición de competencias dixitais é unha necesidade e unha esixencia dos actuais sistemas de ensino universitario no marco da Europa do coñecemento. A universidade debe responder a novas expectativas, como a aprendizaxe ao longo da vida, o desenvolvemento de habilidades multidisciplinarias e as competencias no uso e no manexo da información.
Por todo isto, a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da Universidade de Vigo lanza o programa formativo gratuito e-Destrezas, cuxo obxectivo é facilitar o desenvolvemento e a mellora das competencias dixitais da comunidade universitaria.
Máis información sobre o programa na web da UVigo