VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil. A muller ante os novos desafíos do Dereito Mercantil

Programa

10.00-10.30 h Igualdade, criptoactivos e mundos virtuais: superando o mito dos «cripto-bros»
– Vanessa Jiménez Serranía
Avogada e Profesora Permanente Laboral de Dereito Mercantil
Universidade de Salamanca

10.30-11.00 h Equilibrio de xénero nas sociedades de capital
– Josefina Boquera Matarredona
Catedrática de Dereito Mercantil
Universidade de Valencia

11.00-11.30 h Debate

Obxectivo

O obxectivo desta actividade é analizar, desde unha perspectiva crítica, a realidade das mulleres ante
os novos desafíos do Dereito Mercantil: a dixitalización da arte e a aparición de metaversos, por
unha banda, e a participación da muller no fenómeno das sociedades de capital, por outra.

Inscrición

A inscrición na xornada é gratuíta e pódese formalizar a través do enderezo de correo electrónico
anamaria.aido@uvigo.gal indicando nome completo e DNI.

Expedirase certificado de asistencia baixo demanda e tras comprobación da asistencia.

Información

A xornada está dirixida por Sara Louredo Casado e Ana María Aido Vázquez, Profesoras de
Dereito Mercantil da Universidade de Vigo. Está co-financiada pola Unidade de Igualdade e o
Departamento de Dereito Privado da mesma Universidade; así como polo Proxecto de investigación
da Xunta de Galicia: “Retos para un mercado de traballo equitativo, sostible e aberto á competencia
no contexto da nova economía e da dixitalización” (2022-2024), do Grupo de Investigación DMT
(con Potencial de Crecemento).

Esta xornada enmárcase no ciclo de actividades “Igualdade de Xénero e Dereito Mercantil” creado,
hai máis de cinco anos, por Anxo Tato Plaza, Julio Costas Comesaña e Pablo Fernández Carballo-
Calero, Catedráticos da Universidade de Vigo.