De acordo co regulamento do centro convócase o proceso de adxudicación do permiso de utilización do mobiliario da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo destinado a almacenamento de materiais de docencia.
Entrega de solicitudes: Do 14 ao 25 de setembro de 2026
Lista de persoas admitidas: 5 de outubro de 2026
Prazo de reclamacións: Do 6 ao 10 de outubro de 2026
Adxudicación definitiva: 16 de outubro de 2026
Documentación a entregar:
- Formulario de solicitude de asignación de taquillas
- Fotocopia do DNI
- Certificación académica na que conste a nota media do expediente
O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo debe aportar a documentación acreditativa das mencionadas necesidades.
Podense consultar na páxina web da facultade os criterios de adxudicación no Regulamento de utilización e adxudicación do material destinado ao almacenamento de material de docencia.


