Na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo dispón dos seguintes mecanismos de apoio e orientación aos alumnos matriculados no centro:
Xornada de Portas Abertas Virtual
A Xornada de Portas Abertas Virtual ten como finalidade resolver as dúbidas concretas sobre os graos impartidos na Universidade de Vigo. Para iso, profesorado das diferentes titulacións de todos os campus responderán as cuestións propostas polo estudantado para definir o seu futuro académico.
Xornadas de benvida
Estas xornadas están destinadas ao novo estudantado (Grao en Dereito, Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos e PCEO ADE-Dereito). Lévase a cabo durante a primeira semanas do primeiro cuadrimestre.
O obxectivo destas xornadas é aproximalos aos contidos esenciais da súa titulación, ao centro e a todos os servizos ofertados pola Universidade e que lles resultarán de gran axuda no desenvolvemento dos seus estudos. No dito curso trátase de implicar a distintos servizos e organismos da Universidade, tales como o servizo de biblioteca, a oficina de relacións internacionais, o centro de linguas, etc.
Plan de Acción Titorial
O Plan de acción titorial (PAT) da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria para as titulacións de grao e mestrado do centro. Préstaselle unha especial atención ao estudantado de novo ingreso, de cara a favorecer a súa integración na vida universitaria e a atender as súas necesidades formativas e informativas, e ao que está rematando os seus estudos.
Ciclos de conferencias, seminarios e/ou xornadas
Accións formativas que complementan a formación do estudantado. Permitenlle participar en contextos de aprendizaxe distintos ás clases para potenciar a motivación e mellorar a integración na titulación e no centro.
Na Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo conta cos seguintes sistemas de apoio e orientación do estudantado unha vez matriculado:
A disposición do estudantado para orientar e asistir tanto en cuestións académicas como noutras de índole persoal. Preténdese cumprir os seguintes obxectivos:
- Asesorar ao estudantado na planificación e desenvolvemento da súa traxectoria académica e profesional.
- Adecuar e optimizar as decisións académicas, maximizando a variedade das posibilidades das saídas profesionais.
- Incrementar os niveis de autoestima e de motivación persoal e profesional.
- Mellorar os hábitos de estudo, a organización dos traballos e aprender distintas técnicas de estudo para acadar un maior éxito ao longo da carreira.
O Programa de Apoio á Integración do Alumnado con Necesidades Especiais (PIUNE) foi deseñado para facilitar a súa vida académica e garantir o seu dereito ao estudo.
Os obxectivos deste servizo son:
- Informar e orientar ao futuro estudantado universitario sobre:
- O acceso á universidade, notas de corte, vinculacións dos estudos medios cós universitarios, pasarelas, etc…
- A oferta educativa da Universidade de Vigo e outras universidades nacionais.
- Informar tanto ao actual estudantado universitario, como ao que xa rematou a súa carreira sobre:
- Todo o que a Universidade de Vigo ofrece durante a súa permanencia na mesma.
- As posibilidades de formación unha vez rematada a carreira (mestrados e cursos de especialización, outros cursos, xornadas, premios, congresos, …) e tamén bolsas ou axudas convocadas por institucións externas á Universidade de Vigo.
Atópase dotada de persoal técnico que traballa para:
- Proporcionar un servizo integral de información, asesoramento e formación no ámbito da orientación profesional para o emprego.
- Fomentar as oportunidades de achegamento á práctica e ao exercicio profesional do estudantado.
- As principais áreas de actuación son:
- Xestión de prácticas en empresas e institucións públicas e privadas.
- Xestión de ofertas de emprego.
- Orientación e asesoramento individualizado na busca de emprego.
- Formación para o emprego.
As principais áreas de actuación son:
- Xestión de prácticas preprofesionais en empresas e institucións públicas e privadas.
- Xestión de ofertas de emprego.
- Asesoramento personalizado para a elaboración do itinerario profesional axustado a cada perfil.
- Orientación e asesoramento individualizado na busca de emprego.
- Accións en grupo para a busca activa de emprego.
- Información e asesoramento a empresas e institucións na busca do perfil universitario axustado para cubrir prácticas/postos de traballo.
- Deseño e implementación de estudos sobre diversos temas que afecten ao mercado laboral e á inserción laboral do estudantado.
Visita a web da Área de Emprego
Leva a cabo, entre outras, as seguintes actividades:
- Información e asesoramento á comunidade universitaria sobre os diferentes programas internacionais no ámbito da educación superior.
- Fomento e xestión da mobilidade de estudantado e profesorado propio e estranxeiro, en especial no marco dos programas Sócrates, ISEP, bolsas MAE e programas de cooperación da Universidade de Vigo.
- Con respecto ao estudantado da Universidade de Vigo proporciona: asesoramento ás persoas seleccionadas con estes programas sobre a documentación que deben presentar, información sobre a contía das bolsas e posibles axudas complementarias, así como sobre as xestións que teñen que realizar coas universidades de destino.
- Con respecto ao profesorado da Universidade de Vigo, a ORI facilita información sobre os programas de intercambio de docencia e programas de cooperación internacional.
- Con respecto ao estudantado estranxeiro, xestiona a aceptación do que participa nun programa de intercambio, elabora a Guía do estudantado estranxeiro e envía os paquetes informativos sobre a Universidade de Vigo, con información sobre os diferentes campus e cidades, recepción, visados, viaxe, busca de aloxamento, matrícula e posibilidades de estudos en colaboración cos responsables de relacións internacionais.
- Elaboración e negociación de acordos de cooperación internacional.
- Asegura a presenza da Universidade de Vigo en foros e encontros de educación internacionais.
A Universidade de Vigo ten como prioridade, en liña coa Axenda 2030, favorecer a cultura do respecto, da igualdade e da inclusión, garantindo que todas as persoas que conforman a nosa comunidade poidan desenvolver a súa actividade académica e laboral con dignidade e nun espazo libre de violencias de xénero e de máximo respecto dos dereitos humanos.
A Unidade de Igualdade dispón dos seguintes recursos:
Presentación da Unidade de Igualdade