Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O Programa de Desenvolvemento Estratéxico da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo é o resultado dun proceso de análise e debate plural que asenta as súas raíces na intención de ofrecer unha proposta de formación no ámbito xurídico atractiva, actual, igualitaria e en estreita conexión coa súa cotorna. O Plan Estratéxico da Universidade de Vigo, aprobado o 16 de decembro de 2020, a define como “unha institución pública, autónoma, aberta á contorna e con vocación internacional, que promove a igualdade, a pluralidade, a accesibilidade, a sostenibilidade, a transparencia, o progreso económico e o benestar social de Galicia”. A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, ten que contribuir á consecución deses fins definindo para si unhas liñas estratéxicas que dirixan a mirada cara aos retos da institución da que forma parte.

Consulta o programa