Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O Real Decreto 822/2021, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, esixe, para a verificación e acreditación dun título, a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e mellora da calidade da oferta formativa.

O 3 de xuño de 2015, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), certificou que o Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo se implantou conforme ás directrices establecidas no programa FIDES-AUDIT. Dita certificación foi renovada con data 11/10/2022.

A comisión de calidade do centro é o órgano encargado da planificación das tarefas relacionadas coa implantación e seguimento do SGC.

A documentación do SGC debe estar composta, polo menos, por manual, política e obxectivos de calidade, procedementos, resultados e indicadores, plans de mellora, responsables do SGC e dos procedementos e sistema de xestión documental.