O Máster en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social é un mestrado oficial da Universidade de Vigo, de 60 ECTS, que se dirixe a formar profesionais e investigadores con capacidade de deseñar, poñer en práctica e liderar proxectos e procesos de investigación en materia de desprotección e conflitividade social dos menores de idade, desde unha perspectiva eminentemente xurídica, pero tamén psicolóxica e socio-educativa.
Á súa vez, tamén se pretende que sexa un punto de encontro interdisciplinar para o debate, a análise crítica e a posta en común de ideas tendentes a mellorar a protección xurídica e os mecanismos de intervención psicosocioeducativos que teñen como destinatarios aos menores en situación de risco, desamparo ou conflito social.
Información de interese
- Prazas: 25
- Tipo de ensinanza: presencial
- Periodicidade da oferta: anual
- Duración: 60 créditos ECTS
Coordinación
Teresa Estévez Abeleira
+34 986 814 023
Máis información
Área de estudos de mestrado e doutoramento
+34 986 130 220