Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O acceso á universidade supón para o estudantado un cambio importante na súa formación académica, o que fai que se atope con cambios sustanciais en canto aos coñecementos cos que terá que traballar durante o seu periodo na universidade.

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, consciente desta situación, ven realizando durante os últimos cursos unhas xornadas de benvida para o estudantado de novo ingreso.

Estas xornadas están destinadas ao novo estudantado (Grao en Dereito, Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos e Simultaneidade ADE-Dereito). Lévase a cabo durante a primeira semana do primeiro cuadrimestre.

O obxectivo destas xornadas é aproximalos aos contidos esenciais da súa titulación, ao centro e a todos os servizos ofertados pola universidade e que lles resultarán de gran axuda no desenvolvemento dos seus estudos. No dito curso trátase de implicar a distintos servizos e organismos da universidade, tales como o servizo de biblioteca, a oficina de relacións internacionais, o centro de linguas, etc.

Programa das Xornadas de Benvida ao estudantado de primeiro curso

Data: 7 de setembro de 2026

Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Xornadas 2026