O Plan de Acción Titorial (PAT) da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do estudantado na vida universitaria e atender as súas necesidades formativas e informativas.
O Plan supón superar o modelo específicamente académico, soamente preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo no que conflúen ademais funcións socioeducativas, baseadas en relacións reciprocas e interaccións titor-alumnos, alumno-alumno, etc.; apostase, en definitiva, polo desenvolvemento persoal, ademais do académico.
PAT curso 2024/2025
- Anexo I – Titores do PAT
- Anexo II – Ficha de seguimento de titorías
- Anexo III-A – Cuestionario final de satisfacción do alumnado
- Anexo IV – Servizos da UVigo
Resultados do PAT
Consulta os informes de seguimento do PAT no apartado de rexistros e evidencias
Coordinación do PAT
Regina Ibáñez Paz
+34 986 813 823
ripaz@uvigo.es