O Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social é un máster oficial da Universidade de Vigo, de 60 ECTS, que se dirixe a formar profesionais e investigadores con capacidade de deseñar, pór en práctica e liderar proxectos e procesos de investigación en materia de desprotección e conflitividade social dos menores de idade, desde unha perspectiva eminentemente xurídica, pero tamén psicolóxica e socio-educativa.

Á súa vez, tamén se pretende que sexa un punto de encontro interdisciplinar para o debate, a análise crítica e a posta en común de ideas tendentes a mellorar a protección xurídica e os mecanismos de intervención psicosocioeducativos que teñen como destinatarios aos menores en situación de risco, desamparo ou conflito social.

Páxina web do título

 

Información de interese

  • Prazas: 25
  • Tipo de ensino: presencial
  • Periodicidade da oferta: anual
  • Duración: 60 créditos ECTS

 

Coordinación

Teresa Estévez Abeleira
+34 986 814 023
estevez.abeleria@uvigo.es

Máis información

Área de estudos de mestrado e doutoramento (Ubicación: Secretaría de alumnado da FFT)
+34 986 130 220
posgraoxsh1@uvigo.es