O tema fundamental de ambas presentacións será “A asistencia xurídica civil internacional no Dereito Europeo contemporáneo, especialmente, no marco de notificación e obtención de probas”.
Nestas actividades presentaranse os Regulamentos europeos de notificación de documentos e para a obtención de probas no marco do Derecito Internacional civil en relación tamén á recente proposta da Comisión Europea do 31 de maio de 2018 sobre a modificación dos Regulamentos comunitarios actuais e outras cuestións relacionadas co debate actual en torno ao procedemento lexislativo europeo.