De acordo co regulamento do centro convócase o proceso de adxudicación do permiso de utilización do mobiliario da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo destinado a almacenamento de materiais de docencia.
Entrega de solicitudes: Do 15 ao 30 de setembro
Lista de persoas admitidas: 6 de outubro
Prazo de reclamacións: Do 7 ao 11 de outubro
Adxudicación definitiva: 17 de outubro
Documentación a entregar:
- Formulario de asignación de taquillas
- Fotocopia do DNI
- Certificación académica na que conste a nota media do expediente
O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo debe aportar a documentación acreditativa das mencionadas necesidades.
Podense consultar na páxina web da facultade os criterios de adxudicación no Regulamento de utilización e adxudicación do material destinado ao almacenamento de material de docencia.
O formulario de solicitude pode obterse no apartado de Normativa e Formularios.


