Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

04/10/2024

Os pasados meses de abril e maio o Tribunal Constitucional ditou dúas sentenzas que supoñen un cambio profundo na xestión do dominio público marítimo terrestre, que se concreta na xeneralización da competencia autonómica no outorgamento de concesións e que “posiblemente tamén supoña un maior protagonismo na competencia autonómica de regulación”, sinala Juan Antonio Hernández Corchete, profesor de Dereito Administrativo da UVigo. Hernández Corchete, xunto a un grupo de docentes e investigadores da súa área, dirixe as xornadas Cuestións do litoral: visións a partir da doutrina constitucional de 2024 que comezaron este venres no edificio Redeiras e continuarán o día 18 na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo co obxectivo de, segundo o seu director, “contribuír á definición das regras xurídicas que rexen a regulación (a fixación de normas) e xestión (aplicar esas normas a casos concretos) do litoral costeiro”.

Maxistrados e maxistradas do Tribunal Constitucional, do Supremo, de tribunais provinciais, docentes, investigadores e letrados que aplican a norma participan nas xornadas que esta mañá foron inauguradas polo presidente do Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez. Na súa intervención, o titular do executivo galego enxalzou a Lei de Ordenación e Xestión Integrada do Litoral (Loxilga) como exemplo da aposta de Galicia polas políticas de aproveitamento sostible dos recursos naturais. “Fixemos unha norma escoitando aos que realmente saben, expertos en dereito administrativo, en economía marítima... Non pretendemos outra cousa que exercer a nosa capacidade co convencemento de que desde aquí o podemos facer mellor e de que hai unha normativa xurídica estatal que debemos acatar”, apuntou. Rueda, que recordou que a Lei de Ordenación e Xestión Integrada do Litoral, pioneira en España, foi “aprobada polo Parlamento de Galicia sen votos en contra” e avalada polo Tribunal Constitucional o pasado mes de abril, a pesar de quedar paralizada durante meses polo recurso interposto polo Goberno central. O presidente da Xunta indicou que acaba de recibir unha carta do ministro de Política Territorial e Memoria Democrática onde apunta ao “envío próximo” dun primeiro borrador por parte do Goberno central para iniciar o proceso de negociación coa Xunta, que culminaría coa convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias. O titular do Goberno galego tamén fixo fincapé na necesidade de abordar debates sobre novas actividades, como a eólica mariña, asegurando sempre a compatibilidade da preservación “dos dereitos do noso sector pesqueiro, un dos máis potentes de Europa, co desenvolvemento económico e as oportunidades que poden supoñer”.

Ler a nova completa no DUVI

Equality Label

The Equality Label has been created to make the effort made by many in our University, who fight everyday to research, teach, transfer, manager and produce feministic and from a gender point of view scientific knowledge visible, and publicly and institutionally acknowledged. This initiative aims to acknowledge the work made by centres, schools and faculties in the field of a real and effective equality between men and women promotion, and, in this way, achieve a more human, equality and fair university.

The Faculty of Legal and Labour Sciences achieved the Equality Label on april 8, 2022.

Centre certified by FIDES-AUDIT

On July 3, 2015, the Agency for Quality Assurance in the Galician University System (ACSUG), certified that the Internal Quality Guarantee System of the Faculty of Legal and Labour Sciences was implemented according to the guidelines in the Programme FIDES-AUDIT. This certification has been renewed on 10/11/2022..

Further information