Bases
Participantes
1. Poderá concorrer calquera persoa que estivese nunha titulación de calquera das universidades do Estado.
Modalidades:
a) Para o estudantado de calquera grao ou mestrado matriculados no sistema universitario de Galicia e do Estado.
b) Para o estudantado da facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, nos graos en Dereito, pceo ade-Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos, e nos mestrados en Avogacía, Menores en situación de desprotección e conflito, e Dirección e Xestión Laboral.
2. Non se poderán presentar traballos colectivos, e só se poderá presentar un traballo por persoa.
Requisitos formais
3. Os traballos deberán ser orixinais e estar redactados en lingua galega e poderán tratar de calquera tema do ámbito do xurídico nas súas diferentes formas.
Deberá presentarse en formato pdf e a súa extensión deberá abranguer entre as 20 e 40 páxinas escritas en letra 12 Times New Roman ou similar, interliñado sinxelo, e cos requisitos propios dun traballo de investigación.
Forma de presentación
4. Os traballos deberán presentarse a través do seguinte correo electrónico: decanatoxuridicas@uvigo.gal, e en asunto: Premio de Investigación Xurídica en lingua galega.
O correo electrónico debe constar de dous arquivos, un primeiro co traballo de investigación e outro cos datos persoais.
– No primeiro arquivo onde consta o traballo en formato pdf, debe aparecer claramente na portada do traballo o título, o lema ou pseudónimo, así como a modalidade na que se concorre: Modalidade a (estudantado en xeral do sistema universitario) ou Modalidade b (estudantado da facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo).
– No segundo arquivo, tamén en formato pdf, debe levar por título o lema ou pseudónimo, e deben aparecer os seguintes datos: nome, apelidos, enderezo electrónico, número de teléfono, Universidade, grao ou mestrado onde estea matriculado.
Chegado o momento, solicitarse a acreditación documental de ser membro da comunidade universitaria, de conformidade cos requisitos de participación destas bases do premio, supeditándose a concesión do premio ao cumprimento dos mesmos.
Prazo
5. O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 12 de abril de 2024.
Dotación
6. Os premios estarán dotados con 500 euros para ambas modalidades e un diploma acreditativo. Para a recepción do premio deberá acudirse ao acto de entrega.
Xurado
7. O Xurado do Premio de Investigación xurídica en lingua galega estará integrado polo Decano da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, que o presidirá; polo
Coordinador de normalización lingüística da Facultade, que actuará como secretario; e por un máximo de tres membros do persoal da Facultade.
Para a valoración dos traballos o xurado atenderá á calidade investigadora, ao interese do tema a tratar, ao enfoque empregado, e á corrección lingüí stica do mesmo.
O xurado poderá declarar deserto calquera das modalidades do premio se os traballos presentados non alcanzan a calidade necesaria nos indicadores sinalados anteriormente.
Interpretación das bases
8. O xurado resolverá todas as cuestións que poidan suscitarse sobre a interpretación das presentes bases e a súa decisión será inapelábel.
Resolución
9. O xurado dará a coñecer o fallo do Premio co gallo da celebración do Día das letras galegas ao longo do mes de maio de 2024, e coa debida publicidade. A entrega realizarase nalgún dos actos académicos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
As bases
10. A participación no premio implica a aceptación das presentes bases.