A área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Facultade de Xurídicas e do Traballo organiza a xornada O emprego en Europa: o sector da pesca que ten lugar entre os días 25 e 26 de novembro co obxectivo de achegar aos estudantes, tanto universitarios como de Formación Profesional, así como á sociedade, as diversas saídas profesionais vinculadas ao sector pesqueiro. A xornada desenvolverase en modalidade virtual a través de Campus Remoto e porá o foco principalmente nas oportunidades que este sector achega ao alumando dos eidos do dereito, as relacións laborais ou as ciencias empresariais.
Unha xornada abordará as diversas saídas profesionais do sector da pesca para o alumnado do eido xurídico e empresarial
Celebrarase os días 25 e 26 deste mes a través de Campus Remoto