Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

De acordo co regulamento do centro convócase o proceso de adxudicación do permiso de utilización do mobiliario da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo destinado a almacenamento de materiais de docencia.

Entrega de solicitudes: Do 15 ao 30 de setembro
Lista de persoas admitidas: 6 de outubro
Prazo de reclamacións: Do 7 ao 11 de outubro
Adxudicación definitiva: 17 de outubro

Documentación a entregar:

  • Formulario de asignación de taquillas
  • Fotocopia do DNI
  • Certificación académica na que conste a nota media do expediente

O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo debe aportar a documentación acreditativa das mencionadas necesidades.

Podense consultar na páxina web da facultade os criterios de adxudicación no Regulamento de utilización e adxudicación do material destinado ao almacenamento de material de docencia.

O formulario de solicitude pode obterse no apartado de Normativa e Formularios.