O estudantado interesado en obter o título con mención terá que superar como mínimo 30 créditos (5 materias optativas) das mencións escollidas que se recollen a continuación. Por motivos de organización académica as materias optativas teñen limitado o número de prazas, polo que para súa matrícula haberá que facer antes unha preinscrición segundo o procedemento que se publica cada curso académico.
Mención en Dereito Privado de empresa
A mención en dereito privado de empresa, permite amosar o coñecemento de materias vencelladas ao mundo empresarial e necesarias no mundo xurídico-privado da empresa nas súas distintas dimensións: dende o dereito marítimo ao dereito concursal, pasando pola responsabilidade civil, etc.
| Materia | Cuad. |
|---|---|
| Dereito concursal | 1º |
| Propiedade industrial e competencia | 1º |
| Métodos alternativos de resolución de conflitos no ámbito empresarial | 1º |
| Responsabilidade civil da actividade empresarial e profesional | 2º |
| Dereito marítimo | 2º |
| Dereito do comercio internacional | 2º |
| Tutela procesual do crédito | 2º |
| Prácticas externas | 2º |
Mención en Dereito Público de Empresa
A mención en dereito público de empresa, pon de manifesto que o estudantado se familiarizou coas consecuencias xurídico-públicas do ámbito empresarial, na súa dimensión fiscal, laboral e penal, aspectos necesarios para desenvolver axeitadamente estas actividades e as profesións xurídicas vencelladas ás mesmas.
| Materia | Cuad. |
|---|---|
| Dereito penal de empresa | 1º |
| Dereito da seguridade social | 1º |
| Responsabilidade penal e administrativa no ámbito financeiro-tributario | 1º |
| Réxime fiscal da empresa | 2º |
| Dereito administrativo económico | 2º |
| Constitución económica | 2º |
| Réxime xurídico da responsabilidade patrimonial da administración (contractual e extracontractual) | 2º |
| Prácticas externas | 2º |