O alumnado interesado en obter o título con Mención terá que superar como mínimo 30 créditos (5 materias optativas) das mencións escollidas que se recollen a continuación. Por motivos de organización académica as materias optativas teñen limitado o número de prazas polo que para súa matrícula hai que facer antes unha preinscrición segundo o procedemento que se publica cada curso académico.

Mención en Dereito Privado de empresa

A Mención en dereito privado de empresa, permite amosar o coñecemento de materias vencelladas ao mundo empresarial e necesarias no mundo xurídico-privado da empresa nas súas distintas dimensións: dende o dereito marítimo ao dereito concursal, pasando pola responsabilidade civil, etc.

Materia Cuad.
Dereito concursal
Propiedad industrial e competencia
Métodos alternativos de resolución de conflictos no ámbito empresarial
Responsabilidade civil da actividade empresarial y profesional
dereito marítimo
Dereito do comercio internacional
Tutela procesual do crédito
Prácticas externas

Mención en Dereito Público de Empresa

A Mención en dereito público de empresa, pon de manifesto que o estudantado se familiarizou coas consecuencias xurídicopúblicas do ámbito empresarial, na súa dimensión fiscal, laboral e penal, aspectos necesarios para desenvolver axeitadamente estas actividades e as profesións xurídicas vencelladas ás mesmas.

Materia Cuad.
Dereito penal de empresa
Dereito da seguridade social
Responsabilidad penal e administrativa no ámbito financeiro-tributario
Réxime fiscal da empresa
Dereito administrativo económico
Constitución económica
Réxime xurídico da responsabilidade patrimonial da administración (contractual e extracontractual)
Prácticas externas