Obxectivo xeral
- Visibilizar a situación de persoas sen fogar.
Obxectivos específicos
- Acercarse á situación real que vive a poboación afectada.
- Entablar conversas e crear espazos para compartir os seus problemas como unha primera forma de acercamento, compartindo comida e bebida.
- Informar sobre recursos públicos ou privados aos que poden acceder na cidade.
- Crear un grupo de reflexión e estudo sobre as causas da exclusión.
- Desenvolver accións de sensibilización.
Destinatarios do programa
- Poboación en protección ou en risco de exclusión social.
Perfil das persoas voluntarias
- Calquera persoa maior de idade.
Funcións da persoa voluntaria
- Loxística: compra ou recollida de doazóns.
- Preparación dos alimentos e comida que se van repartir.
- Reparto.
Actividades que van a desenvolver
- Promoción en redes sociais da visibilidade da situación das persoas sen fogar.
- Promoción das campañas de doazón.
- Preparación das ceas ou almorzos a repartir.
- Reparto de ceas ou almorzos.
- Reparto de mantas, sacos de durmir e roupa de abrigo.
Lugar de realización das actividades
Fundación Cume (rúa Pi y Margall 72, oficina I, -Vigo) e rúas de Vigo.
Tempo de dedicación das persoas voluntarias
- Dúas horas e media por semana. Mércores de 20.00 a 22.30 horas ou sábados de 10.00 a 12.30 horas.
Inscrición