Este curso está dirixido a persoas en posesión do título universitario oficial das diplomaturas de Relacións Laborais e Graduado Social interesadas en adaptarse á estrutura actual das ensinanzas universitarias oficiais e obter o título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos pola Universidade de Vigo.

Para calquera dúbida e/ou aclaración pode poñerse en contacto coa Secretaría de Estudantes da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, nos teléfonos  986 813 831 |  986 813 837 ou no enderezo electrónico secxuridicas@uvigo.es.