Proxecto de voluntariado en colaboración con fundación CUME para o desenvolvemento de culturas e pobos: Son visibles

Obxectivo xeral

  • Visibilizar a situación de persoas sen fogar.

 

Obxectivos específicos

  • Acercarse á situación real que vive a poboación afectada.
  • Entablar conversas e crear espazos para compartir os seus problemas como unha primera forma de acercamento, compartindo comida e bebida.
  • Informar sobre recursos públicos ou privados aos que poden acceder na cidade.
  • Crear un grupo de reflexión e estudo sobre as causas da exclusión.
  • Desenvolver accións de sensibilización.

 

Destinatarios do programa

  • Poboación en protección ou en risco de exclusión social.

 

Perfil das persoas voluntarias

  • Calquera persoa maior de idade.

 

Funcións da persoa voluntaria

  • Loxística: compra ou recollida de doazóns.
  • Preparación dos alimentos e comida que se van repartir.
  • Reparto.

 

Actividades que van a desenvolver

  • Promoción en redes sociais da visibilidade da situación das persoas sen fogar.
  • Promoción das campañas de doazón.
  • Preparación das ceas ou almorzos a repartir.
  • Reparto de ceas ou almorzos.
  • Reparto de mantas, sacos de durmir e roupa de abrigo.

 

Lugar de realización das actividades

Fundación Cume (rúa Pi y Margall 72, oficina I, -Vigo) e rúas de Vigo.

 

Tempo de dedicación das persoas voluntarias

  • Dúas horas e media por semana. Mércores de 20.00 a 22.30 horas ou sábados de 10.00 a 12.30 horas.

 

Inscrición

 

Contacto

Begoña Cameán Vázquez – De 10.00 a 17.00 horas

986 207 799
coordinacion@fundacioncume.org