A xornada pretende achegar, dende unha perspectiva práctica, aos estudantes -de Formación Profesional e universitarios-, así como á sociedade, as diversas saídas profesionais vinculadas ao sector pesqueiro: empregos e profesións a bordo, profesións xurídicas vinculadas ao sector marítimo pesqueiro, emprego na acuicultura e profesións vinculadas á protección dos recursos pesqueiros e do medio mariño.
* O link e clave de acceso serán facilitados aos participantes previa inscrición.