Medio cento de estudantes participan no campus nun curso sobre Dereito Marítimo

As actividades arrancaron esta semana na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Preto de medio cento de alumnos e alumnas do Grao en Dereito participan este mes na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo na oitava edición do Ciclo sobre Dereito Marítimo, unha actividade dirixida a aproximar aos asistentes á operativa de certas empresas do sector marítimo/portuario e aos principais problemas xurídicos derivados da mesma, para o que se ten previsto a realización de dous talleres, unha conferencia e unha visita á lonxa do porto de Vigo.

As actividades arrancaron esta semana co taller Operativa de consignación de buques, a cargo de Roi Gómez, do grupo Kaleido Logistics. Neste obradoiro os asistentes estudaron os conceptos básicos, funcións e responsabilidades relacionados coas empresas consignatarias a través da formulación dun caso práctico. Por outra banda, este martes tivo lugar a conferencia Xestión de navegación e xestión de flota no transporte marítimo, conducida por Gumersindo García, director de operacións de Remolcanosa.

Ler a noticia completa no DUVI