O acceso á universidade supón para o alumno un cambio importante na súa formación académica, o que fai que se atope con cambios sustanciais en canto aos coñecementos cos que terá que traballar durante o seu periodo na universidade.
A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, consciente desta situación, ven realizando durante os últimos cursos unhas xornadas de benvida para o estudantado de novo ingreso.
Estas xornadas están destinadas ao novo estudantado (Grao en Dereito, Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos e PCEO ADE-Dereito). Lévase a cabo durante a primeira semanas do primeiro cuadrimestre.
O obxectivo destas xornadas é aproximalos aos contidos esenciais da súa titulación, ao centro e a todos os servizos ofertados pola Universidade e que lles resultarán de gran axuda no desenvolvemento dos seus estudos. No dito curso trátase de implicar a distintos servizos e organismos da Universidade, tales como o servizo de biblioteca, a oficina de relacións internacionais, o centro de linguas, etc.
Programa da Xornada de Benvida ao alumnado de primeiro curso
Data: 11 de setembro
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo