A materia Prácticas Externas é unha materia curricular cuxo obxectivo fundamental é fomentar unha formación integral do estudante mediante a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos ao cursar o Grao, o que facilita un contacto directo coa actividade profesional e a oportunidade de incorporarse ao mundo profesional cun mínimo de experiencia. Todas as prácticas están deseñadas para que os estudantes que participan nelas adquiran unha experiencia profesional en situacións e condicións reais, aplicando os coñecementos, competencias e actitudes que se adquiren nos procesos de formación ao longo da titulación.

As prácticas son actividades que realiza o estudante en empresas, institucións e organizacións; isto é, en centros fóra das dependencias universitarias, que teñen como obxectivo enriquecer e complementar a súa formación universitaria, ao tempo que lle proporciona un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará unha vez se gradúe.

A materia Prácticas Externas constará de dúas fases:

  • Realización do período de prácticas que ofreza unha experiencia profesional relacionada con algún dos perfís de egresado que se expresa na Memoria de Verificación do título
  • Elaboración da memoria

 

 Normativa de prácticas externas de grao

 Listaxe de asignación definitiva de prácticas externas – Grao en Dereito
 Listaxe de asignación definitiva de prácticas externas – Grao en RRLL

 

Coordinación das prácticas

Tomás Farto Piay
tfarto@uvigo.es